Aviso legal

Condicións de acceso

O acceso á web http://www.feiradoempregosantiago.org supón a aceptación plena polo/a usuario/a de todas as condicións da presente Información Legal, polo que se non está de acordo co contido da mesma deberá absterse de facer uso da web.

O usuario/a comprométese a facer uso da web e dos seus servizos e contidos conforme ao disposto pola lexislación vixente aplicable. A I Feira Internacional de Emprego resérvase o dereito a denegar o acceso á web, sen necesidade de previo aviso, a calquera usuario/a que non respete as condicións dispostas nesta Información Legal.

A I Feira Internacional de Emprego resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións.

Contidos propiedade da Feira Internacional do Emprego

Os contidos desta web están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial da Feira Internacional do Emprego ou de terceiros. Non está autorizada (e será perseguida) a reproducción total ou parcial dos datos e contidos non dispostos para o uso explícito aos que se teña acceso na web, ou se utilizaran contravindo a lexislación vixente en materia de propiedade industrial e intelectual.

Modificación da web da Feira Internacional do Emprego

A Feira Internacional do Emprego resérvase a facultade de executar nos contidos da súa web os cambios que considere oportunos, así como de suspender o seu acceso en calquera momento e sen previo aviso.

O acceso e o uso que se faga dos contidos da web son responsabilidade do usuario/a. A Feira Internacional do Emprego non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse de devantido acceso ou uso da información.

A Feira Internacional do Emprego resérvase o dereito de facer as modificacións pertinentes na presentación, configuración, localización, condicións e contidos da web.