Precisas contratar? (Área de empresas)

Se a túa empresa precisa incorporar persoal esta I Feira Internacional de Emprego é unha excelente oportunidade para atopar as candidaturas ideais. A participación é completamente gratuita e garante a comodidade, axilidade e eficacia dos procesos de selección.

A túa empresa terá a súa disposición:

  • Stand amoblado que permita expoñer á empresa as súas actividades, produtos, programas de emprego e prácticas.
  • Espazo acondicionado para a realización de entrevistas individuais cos/coas candidatos/as preseleccionados/as.
  • Presentación e publicidade da empresa nas xornadas, na páxina web do Feira e en todos os documentos promocionais.
  • Secretaría técnica da organización da Feira que se encargará da loxística, asesoramento e atención á empresa.
  • Servizo de intermediación laboral que realizará a preselección de candidatos-as atendendo aos perfís e competencias profesionais que requira a empresa.

Se tes interese en participar na Feira cubre o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo para poder concretar con máis detalle o que realmente precisas.

Presenta tu candidatura

* Campos obligatorios

Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados coa Feira de Emprego e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de protección de datos -Lei Orgánica 15/1999, do 13/XII, de protección de datos de carácter persoal e Real Decreto 994/1999, do 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal-.