AGAFOR - Asociación Gallega de Formadores

QUEN SOMOS?
- ACTIVIDADE DA EMPRESA: Asociación sen ánimo de lucro para a información e divulgación do traballo de formadores e áreas afíns, como xestores, consultores e técnicos de formación, organizando actividades de carácter formativo, cultural, etc., e creando un banco de recursos e materiais didácticos para a formación. Velamos pola calidade da formación promovendo accións que contribúan á mellora e fomento do emprego e as oportunidades laborais celebrando seminarios, cursos e congresos; en coordinación con outras Asociacións e Organismos Nacionais e Internacionais procuramos fixar un código ético e metodolóxico de traballo en relación á profesión; publicamos artigos, ensaios, libros, vídeos, etc. para a comprensión e divulgación da actividade.
- IMPLANTACIÓN XEOGRÁFICA: Temos a nosa sede en Santiago de Compostela. Mediante as redes sociais cubrimos moi especialmente toda a Comunidade Autónoma Galega, pero tamén con outros países do mundo.
- CADRO DE PERSOAL: Xunta directiva formada por expertos en docencia, en técnicas de Coaching e PNL e métodos pedagóxicos innovadores. Forman, tamén, parte do equipo: unha coordinadora de proxectos, unha persoa de administración, docentes on-line e presenciais e unha titora on-line.
QUÉ PERFIS PROFESIONAIS NOS INTERESAN
- NIVEL DE ESTUDOS / TITULACIÓNS MÁIS HABITUAIS NA EMPRESA: Formadores, Técnicos de Formación ou Tele-titores.
- EXPERIENCIA: Valorarase experiencia.
- IDIOMAS E NIVEL DE COÑECEMENTO: Valorarase o coñecemento de idiomas.
- INFORMÁTICA: nivel medio.
- HABILIDADES SOCIAIS: Eficiencia, capacidade resolutiva e don de xentes.
QUÉ OFRECEMOS AOS CANDIDATOS
- FUNCIÓNS A DESENVOLVER: Segundo titulación, capacidade e experiencia.
- SALARIO BRUTO APROXIMADO NO PRIMEIRO ANO: Segundo convenio.
- GRAO DE RESPONSABILIDADE: Segundo capacidade.
- FORMA DE CONTRATACIÓN MÁIS HABITUAL: Por Proxectos.
- POSIBILIDADE DE SEGUIR NA EMPRESA FINALIZADO O CONTRATO: Si.
- PERÍODO DE PROBA: Dous meses.
- OPORTUNIDADES DE PROMOCIÓN: Si.
- BENEFICIOS SOCIAIS: -
- FORMACIÓN A CARGO DA EMPRESA: -
- OUTROS ASPECTOS: -