Últimas noticias

A I FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO SE CLAUSURA CON GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

04/11/2011

Tras dúas intensas xornadas de actividade, a I Feira Internacional de Emprego pechou hoxe as súas portas cun importante número de participantes e visitantes. Arredor de 2500 persoas acudiron nestes dous días en horario ininterrompido ao Multiusos Fontes do Sar, recinto onde se celebraron os procesos de selección concertados e onde se desenvolveu o programa de conferencias e obradoiros...

O alcalde inaugura a I Feira Internacional de Emprego co desexo de que xere o maior número de postos de traballo posibles

03/11/2011

A primeira xornada da Feira sáldase con máis de 2000 visitas aos 37 expositores e 220 entrevistas feitas dun total de 575 persoas convocadas. As entrevistas continuarán esta tarde ata as 20.00 e mañá venres de 10.00 a 14.00. O rexedor volverá ao Multiusos mañá para clausurar a Feira ás 13.00 horas.

O alcalde felicitou a concelleira de Emprego, Paula Prado "porque fixo un...

A I Feira Internacional de Emprego abre as súas portas

03/11/2011

A primeira edición da Feira Internacional de Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), abre hoxe as súas portas a participantes, empresas e público xeral.

A partir das 10 da mañá deste xoves 3 de novembro, e...

Durante os días 3 e 4 de novembro, Santiago de Compostela acolle a primeira edición da Feira Internacional de Emprego, organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela, que pretende converterse nun espazo de encontro e intercambio de información entre futuros empregados e as empresas e entidades participantes.