Novas

A I FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO SE CLAUSURA CON GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

04/11/2011

Tras dúas intensas xornadas de actividade, a I Feira Internacional de Emprego pechou hoxe as súas portas cun importante número de participantes e visitantes. Arredor de 2500 persoas acudiron nestes dous días en horario ininterrompido ao Multiusos Fontes do Sar, recinto onde se celebraron os procesos de selección concertados e onde se desenvolveu o programa de conferencias e obradoiros gratuítos relacionados co sector laboral.

A Feira Internacional de Emprego presentou como novidade a realización de entrevistas e procesos de selección in situ, unha característica que a...

O alcalde inaugura a I Feira Internacional de Emprego co desexo de que xere o maior número de postos de traballo posibles

03/11/2011

A primeira xornada da Feira sáldase con máis de 2000 visitas aos 37 expositores e 220 entrevistas feitas dun total de 575 persoas convocadas. As entrevistas continuarán esta tarde ata as 20.00 e mañá venres de 10.00 a 14.00. O rexedor volverá ao Multiusos mañá para clausurar a Feira ás 13.00 horas.

O alcalde felicitou a concelleira de Emprego, Paula Prado "porque fixo un enorme esforzo por poñer todos estes medios a disposición das persoas que buscan emprego". Subliñou que con este tipo de iniciativas se consigue facilitar o acceso a xente a un posto de traballo e...

A I Feira Internacional de Emprego abre as súas portas

03/11/2011

A primeira edición da Feira Internacional de Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), abre hoxe as súas portas a participantes, empresas e público xeral.

A partir das 10 da mañá deste xoves 3 de novembro, e ata as 2 da tarde do venres 4, se desenvolverán os procesos de selección dos máis de 2400 inscritos que aspiran a obter algún dos máis de 500 postos de traballo presentados polas 50 entidades...

A oferta da I Feira Internacional de Emprego supera os 500 postos de traballo

31/10/2011

A tres días de dar comezo, a I Feira Internacional de Emprego (FIE) conta xa cos datos definitivos de participación de empresas, candidatos e postos de traballo ofertados.

Un total de 506 postos de traballo conforman finalmente a oferta laboral coa que contará este evento, organizado pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE). Esta cifra vén a confirmar a firme vontade do Concello compostelán de dinamizar e mellorar o mercado de emprego local a través...

As xornadas da I Feira Internacional de Emprego ofrecerán máis dunha vintena de actividades gratuítas

28/10/2011

A I Feira Internacional de Emprego (FÍE) acollerá durante a súa celebración os próximos días 3 e 4 de novembro as xornadas ‘Os novos mercados de traballo e as estratexias innovadoras para a busca de emprego’, cun completo programa de conferencias e obradoiros impartidos por profesionais procedentes de diversos ámbitos.

Ademais de posibilitar os procesos de selección de candidatos aos postos de traballo ofertados polas empresas participantes, estas xornadas, abertas a todo tipo de público, inclúen máis dunha vintena de actividades de acceso gratuíto. Para asistir, os...

Preto de 1600 inscritos para participar nas entrevistas de traballo da I Feira Internacional de Emprego

20/10/2011

O prazo de inscrición online para os candidatos remata o día 21 de outubro

A I Feira Internacional de Emprego (FIE) se celebrará en Santiago de Compostela durante os días 3 e 4 de novembro. Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), pretende dinamizar e mellorar o mercado de emprego local a través do contacto entre empresas que ofertan postos laborais e demandantes de emprego.

Ata o momento, e a...

Máis de 100 postos de traballo confirmados ata o momento na I Feira Internacional de Emprego

13/10/2011

A Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, organizadora da primeira edición da Feira Internacional de Emprego (FIE) en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), que terá lugar os días 3 e 4 de novembro no pavillón MultiusosFontes do Sar, conta xa cos primeiros datos de participación, tanto no referido a demandantes de emprego como a empresas ofertantes de postos de traballo.

Empresas de todos os sectores de actividade laboral, como tecnoloxía, banca, formación, comunicación, seguros,...

Santiago acolle a I Feira Internacional de Emprego

27/09/2011

A primeira edición da Feira Internacional de Emprego (FIE), organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), celebrarase os próximos días 3 e 4 de novembro no pavillón Multiusos Fontes do Sar.

A concelleira titular, Paula Prado, presentou esta mañá en rolda de prensa a primeira edición desta Feira que pretende converterse nun espazo de encontro e intercambio de información entre futuros empregados e as empresas e entidades...