Buscas emprego? (Área de demandantes)

Se estás buscando traballo a I Feira Internacional de Emprego é unha boa oportunidade para participar directamente nos procesos de selección das empresas que acudan ao evento.

Quen pode participar?

Todas as persoas desempregadas, ou que estén procurando unha mellora de emprego, que sexan residentes no Concello de Santiago de Compostela.

Como participar?

É necesario inscribirse nesta mesma páxina web cubrindo o formulario de solicitude e adxuntando o currículum actualizado.

Presenta tu candidatura
    • Desempregado
    • Traballo a tempo parcial
    • Traballo a tempo completo
    • Non

Certifico que todos os datos enviados son certos e autorizo á Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego a utilizalos para facilitarme o acceso a ofertas de traballo.

* Campos obligatorios

Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados coa Feira de Emprego e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de protección de datos -Lei Orgánica 15/1999, do 13/XII, de protección de datos de carácter persoal e Real Decreto 994/1999, do 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal-.

Como saber se fuches seleccionado/a para as entrevistas de traballo?

Nas dúas semanas previas á celebración da Feira a organización porase en contacto contigo telefonicamente para indicarche a data e hora da/s entrevista/s concertada/s. Os días da Feira as persoas seleccionadas serán acompañadas aos correspondentes stands das empresa por persoal acreditado da organización.